O director xeral de Xustiza, Juan José Martín mantivo unha reunión con representantes dos sete colexios de avogados da nosa comunidade onde abordaron conxuntamente diversos asuntos relacionados con melloras relativas á Asistencia Xurídica Gratuíta.
Juan José Martín lembrou que fóronse adoptando paulatinamente medidas de racionalización de medios, organizativas e de xestión, tomando como base un Protocolo de actuación elaborado especificamente para esta materia, e que contou coa intervención dos profesionais afectados. Así, entre outras cousas, os colexios poden consultar todos os asuntos en que interveñen os seus colexiados, e estes poden acceder aos expedientes en que interveñan como profesionais.
Na reunión tratáronse, entre outros temas, a implantación do acceso telemático ás bases de datos do Catastro e da Seguridade Social por parte das comisións de AXG, axilizando deste xeito a resolución das solicitudes do dereito. Tamén se modificou o modelo de solicitude de asistencia, do soporte en que os colexios profesionais deben enviar a xustificación dos asuntos certificados, e igualmente aprobouse un regulamento de asistencia xurídica gratuíta, para acadar unha mellor coordinación e eficiencia do sistema no seu conxunto.
Ademais, ca Orde do 2 de agosto de 2012, desenvolvese a regulación das certificacións e xustificacións trimestrais dos colexios de avogados e procuradores, significando unha mellora da xestión das actuacións realizadas polos profesionais dentro do ámbito da xustiza gratuíta. Polo que axilizouse o pago aos colexios de avogados, permitindo cruzar os datos das actuacións tramitadas e pudendo os colexios profesionais obter información dos expedientes consultando por parámetros distintos, como o número de procedemento, o número de colexiado, nome ou NIF da persoa asistida.
Na implantación destas solucións informáticas séguese a traballar para acadar a plena interoperabilidade telemática na tramitación e, por ende, na axilización dos procesos coa intervención dos colexios de avogados e procuradores.
Para seguir avanzando no desenvolvemento dunha plena xestión telemática da asistencia xurídica gratuíta, como un paso mais, presentouse o proxecto de orde pola que se desenvolve a notificación telemática das resolucións decisorias da asistencia, de xeito que con base no Decreto 198/2010, de 2 de decembro, polo que se regulamenta o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta, as resolucións nesta materia, unha vez asinadas electrónicamente, serán trasladadas a través da plataforma notific@ aos colexios e profesionais da quenda de oficio.